NON ao P.I.A. de LAVACOLLA
Un polígono industrial ameaza Sabugueira
Non estamos en contra do desenvolvemento económico, pero este proxecto, tal e como está plantexado, supón un impacto inasumible para a parroquia.
Que está a pasar?
Está en tramitación un PIA (proxecto de interese autonómico) para un polígono industrial que afecta directamente á nosa parroquia, ás vivendas, ás fincas, ao Camiño de Santiago e ao entorno.
Non é un debate ideolóxico nin político. É unha cuestión de impacto real sobre a nosa parroquia e a nosa calidade de vida.
Cal é o problema deste proxecto?
1. Impacto directo sobre vivendas e fincas.
Expropiacións forzosas das parcelas e edificacións afectadas, con valoracións moi por debaixo do valor real, deixando aos propietarios sen capacidade real de decisión.
2. Destrución de fontes e mananciais de auga.
Os desmontes previstos suporán a destrución de fontes e mananciais de auga, e a inutilización doutros actualmente en funcionamento, que abastecen a unha parte significativa dos veciños.
3. Falta de estudos clave.
• Non existen estudos ambientais completos que avalíen o impacto real do proxecto sobre o medio, incluíndo a contaminación do aire, do solo e da auga.
• Non se realizaron estudos de impacto sobre a saúde nin sobre a exposición a ruído, iluminación, vibración ou contaminantes que implican a perda de calidade e benestar da vida dos veciños.
4. Accesos viarios mal deseñados.
• Non existen informes de mobilidade nin de tráfico.
• Accesos de 22 metros de ancho que atravesan casas e parcelas e parten aldeas enteiras.
• Aumento da inseguridade viaria, incrementando o tráfico por camiños xa precarios.
5. Afectación ao Camiño de Santiago.
O proxecto supón unha afección directa ao Camiño de Santiago, patrimonio histórico, cultural e económico de todos, afectando á continuidade de sendeiros e zonas naturais da parroquia.
Este proxecto non afecta a uns poucos, afectaranos a todos os veciños.
Os viais marcados son provisionais no borrador e poden cambiar, polo que a afección non se limita ás zonas actualmente sinaladas. Toda A Castiñeira, A Sionlla, A Esquipa, As Quenllas e O Noval poderían verse afectados polas futuras modificacións do proxecto. Incluso unha das alternativas propostas contempla a creación dun novo vial por Casais.Ademais, o PIA contempla a posibilidade de ampliar o polígono nun 10 % se fose necesario, levando por diante máis parcelas e edificacións, incluídas vivendas e galpóns.No PIA tamén se están ocultando cuestións fundamentais aos veciños. A día de hoxe non se coñecen con claridade os usos reais que terá o polígono, nin se será un parque principalmente loxístico ou se poderá albergar industrias potencialmente contaminantes, co impacto que isto podería supoñer para a parroquia e para a calidade de vida dos veciños.
EN RESUMO:
Tal e como está deseñado, trátase dun proxecto mal planificado, que supón unha grave afección ao territorio, ás propiedades dos veciños e que é alleo á realidade da parroquia.
Non estamos en contra do desenvolvemento económico, pero si dicimos:
NON ao P.I.A. de LAVACOLLA
Contacto:
Aviso legalEsta web ten carácter exclusivamente informativo e veciñal. A súa finalidade é informar sobre o proxecto do PIA de Lavacolla/Sabugueira e as posibles afeccións ao territorio, ao Camiño de Santiago e á veciñanza.
A plataforma non constitúe actualmente unha entidade xurídica nin asociación formal.
Para calquera comunicación pódese contactar a través do correo electrónico indicado nesta web.







